Ir á páxina de inicio Ir á páxina da Xunta
PLANS

Plan Auga

Plan Auga

O organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das súas competencias, elaborou o Plan Auga cun horizonte temporal que alcanza o ano 2025, acorde cas formulacións establecidas na Directiva Marco da Auga (2000/60/CE) e no Real Decreto 140/2003, de 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano.

O Plan Auga proposto, responde á necesidade de dispoñer dunha ferramenta de xestión e distribución dos recursos hídricos e de definir a política a seguir en materia de augas para o consumo da poboación no territorio galego. A planificación desenvólvese dende a perspectiva de realizar un uso sostible da auga, materializándose nunhas actuacións concretas que se rexerán polos principios que recolle a Directiva Marco de Auga tales como previr e reducir a contaminación ou fomentar a cohesión social e innovación tecnolóxica, de cara a conseguir un abastecemento de auga, sostible no tempo, ás poboacións de calidade e en cantidade suficiente.

Avaliación Ambiental Estratéxica

As directrices e normativas comunitarias establecen como un dos principios fundamentais para protección do medio ambiente e do desenvolvemento sostible, a integración destas compoñentes nas políticas, plans e actividades sectoriais mediante o proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica promovido pola Directiva 2001/42/CEE, 27 de xuño, e regulado pola Lei 9/2006 de 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente.

Dentro deste contexto, o Plan Auga desenrolado por Augas de Galicia como instrumento de planificación e xestión do abastecemento no territorio galego, inclúe os aspectos ambientais na súa toma de decisións. Con tal fin, o citado plan someteuse ó proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica.

Aprobación do Plan Auga

O día 24 de marzo de 2010, no Pleno da Xunta de Goberno de Augas de Galicia, acordouse a aprobación do Plan Auga.

Posteriormente, o Consello da Xunta, na súa reunión do día 14 de maio de 2010 adoptou aprobar o Plan Auga.

Publicidade do Plan Auga

O artigo 14 da Ley 9/2006 de 28 de abril, sobre evaluación de los efectos de determinados planes y programas en el medio ambiente, establece que unha vez aprobado o correspondente plan ou programa, o órgano promotor porá a disposición do órgano ambiental, das Administracións públicas afectadas, do público e dos Estados membros consultados a seguinte documentación:

a) O plan ou programa aprobado.

b) Unha declaración que resuma os seguintes aspectos:

1.º De qué forma se integraron no plan ou programa os aspectos ambientais.
2.º Cómo se tomaron en consideración o informe de sustentabilidade ambiental, os resultados das consultas, incluíndo no seu caso as consultas transfronterizas, a memoria ambiental, así como, cando proceda, as discrepancias que poidesen derivarse do proceso.
3.º As razóns da escolla do plan ou programa aprobados, en relación coas alternativas consideradas.

c) As medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no medio ambiente da aplicación do plan ou programa.
d) Un resumo non técnico sobre a documentación contida nos puntos b) e c).
Para dar cumprimento a esta Lei, inclúense a continuación estes documentos:

 

Plan Auga
Documento de síntese
Informes de abastecemento
Costa da Morte
Sistemas grandes
Resto de sistemas por concellos

 

Informe de sostenibilidade ambiental
Documento ISA

 

Outros documentos
Declaración de sostenibilidade do Plan Auga
Medidas de seguimento dos efectos medioambientais
Resumo non técnico dos documentos anteriores

 

 

 

 

 

 

 

© Xunta de Galicia
Servizo prestado por Augas de Galicia
Información mantida por Augas de Galicia
Correo electrónico: augasdegaliciaxunta.es