Ir á páxina de inicio Ir á páxina da Xunta
ENTIDADES COLABORADORAS

ENTIDADES COLABORADORAS

 

A normativa vixente impón aos titulares de autorizacións de verteduras a obriga de informar periodicamente á Administración hidráulica acerca das condicións en que se realizan aquelas, co obxecto de verificar que as instalacións de depuración e demais elementos, son adecuados ás normas e obxectivos de calidade das augas previamente establecidos.

O volume e diversidade das tarefas de control e vixilancia, realízase mediante o apoio en entidades co necesario grao de especialización técnica, "entidades colaboradoras da Administración Hidráulica de Galicia en materia de control de verteduras e calidade das augas", reguladas no Decreto 162/2010 do 16 de Setembro.

A partires desta regulación, estanse a recoñecer tal condición ás solicitantes que cumpren os requisitos oportunos, expedíndose os títulos de entidades colaboradoras, e inscribíndoas no correspondente Rexistro Nos seguintes enlaces, pódese obter información sobre solicitudes do título de entidade colaboradora, ou acceder ao Rexistro Especial de Entidades Colaboradoras da Administración Hidráulica de Galicia

 

Inscrición no rexistro de entidades colaboradoras

Consulta do rexistro

 

 

© Xunta de Galicia
Servizo prestado por Augas de Galicia
Información mantida por Augas de Galicia
Correo electrónico: augasdegaliciaxunta.es