Descrición dos traballos

Traballos EDAR

No marco das súas competencias, Augas de Galicia ven realizando dende o ano 1.999, o control da explotación daquelas EDARs deseñadas para máis de 2.000 habitantes equivalentes.

Os traballos consisten en :

A finalidade do devandito control é garantir unha correcta explotación e mantemento das obras de saneamento acometidas pola Administración Hidráulica ou outras administracións, de maneira que se alcancen os rendementos de depuración previstos e se cumpra a normativa aplicable en canto a límites de vertedura, principalmente a Directiva 91/271/CEE, sobre tratamento de augas residuais urbanas e a Directiva 2000/60/CEE, Directiva Marco da Auga.

As EDARs controladas por Augas de Galicia cobren un amplo rango tanto no referente á poboación servida, como no relativo aos sistemas de depuración empregados. Así as poboacións equivalentes de deseño das plantas varían dende os 2.000 h-eq ata os 400.000 h-eq.

Nas seguintes gráficas amósase a evolución dos caudais e habitantes equivalentes tratados nas depuradoras controladas por Augas de Galicia.

Evolución do caudal tratado Evolución habitantes equivalentes

 

© Xunta de Galicia
Información mantenida por Augas de Galicia
Correo electrónico:augasdegalicia @xunta.es