Ir á páxina de inicio Ir á páxina da Xunta
Participación pública
DIRECTIVA RISCO DE INUNDACIONS

DIRECTIVA 2007/60/CE DE AVALIACIÓN E XESTIÓN DOS RISCOS DE INUNDACIÓN

A Directiva 2007/60/CE relativa á Avaliación e a Xestión dos Riscos de Inundación, e o Real Decreto 903/2010, de 9 de xullo, que a traspón ao ordenamento español,  establecen un marco para a avaliación e xestión dos riscos de inundación, destinado a reducir as consecuencias negativas para a saúde humana, o medio ambiente, o patrimonio cultural e a actividade económica, asociadas ás inundacións.

A Directiva 2007/60/CE consitúe unha das directivas fillas  da Directiva 2000/60/CE (DMA). A DMA impón a elaboración de plans de xestión de conca fluvial para cada demarcación hidrográfica co obxecto de conseguir o bo estado químico e ecolóxico e contribuir a mitigar os efectos das enchentes, pero non asume como obxectivo principal a reducción dos riscos de inundación. Polo tanto a Directiva 2007/60/CE complementa, cos plans de xestión de risco de inundación aos plans hidrolóxicos de conca de forma que se teña unha xestión integrada das concas, coordinando a aplicación de ámbalas dúas directivas.

A Directiva 2007/60/CE, obriga a todos os Estados Membros da Unión Europea á realización duns traballos que se desenvolverán nas seguintes fases:

- Primeira fase: unha avaliación preliminar do risco de inundación en todo o seu territorio.(Data límite decembro de 2011)

- Segunda fase: mapas de perigosidade de inundacións e de risco de inundación. (Data límite decembro de 2013)

- Terceira fase: plans de xestión do risco de inundación.(Data límite decembro de 2015)

PARTICIPACIÓN PÚBLICA DA DIRECTIVA 2007/60/CE

Augas de Galicia como Organismo de Conca, está a traballar nas distintas fases de implantación desta Directiva para a Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa, e con arranxo ao disposto na normativa comunitaria, poñerase a disposición do público  os documentos xerados en cada unha das fases. Ao mesmo tempo fomentarase a participación activa das partes interesadas na elaboración, revisión e actualización dos plans de xestión de risco de inundación, coordinándoa segundo proceda, coa participación activa das partes interesadas a que se refire a DMA.

1ª FASE: “AVALIACIÓN PRELIMINAR DO RISCO DE INUNDACIÓN”

Con data 08 de setembro (DOG nº 171, do 07/09/2011), iniciouse o período de consulta pública do documento "Avaliación preliminar do risco de inundación" durante un período de 3 meses, dentro do proceso de implantación da Directiva 2007/60/CE na Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa, rematando o pasado 8 de decembro.

- DOG nº 171 07/09/2011

O documento definitivo da evaluación preliminar do risco de inundación foi aprobado pola xunta de Goberno de Augas de Galicia de cara a dar cumprimento á 1ª fase de implantación da Directiva 2007/60/CE, o pasado 19 de decembro de 2011.

- Avaliación Preliminar do Risco de Inundación. Memoria

- Anexo 1. Mapas de Sistemas de Explotación

- Anexo 2. Táboas de Areas de Risco Potencial Significativo de Inundación

- Anexo 3. Mapas de Areas de Risco Potencial Significativo de Inundación por Sistemas de Explotación

- Anexo 4: Avaliación Preliminar do Risco de Inundación en Zonas Costeiras e de Transición

- Anexo 5: Consulta Pública

- Anexo 6: Información de partida

- Anexo 7: Xeomorfoloxía

 

 

© Xunta de Galicia
Servizo prestado por Augas de Galicia
Información mantida por Augas de Galicia
Correo electrónico: augasdegaliciaxunta.es