O Cumio de Johannesburgo confirmou a escaseza de auga como unha das principais ameazas ó medio ambiente da sociedade do século XXI, especialmente nos países en vías de desenvolvemento.
![]() |
![]() |
Galicia, neste sentido, é unha rexión privilexiada, dada a súa riqueza en recursos hídricos. Pero esta realidade non debe facernos esquece-lo carácter limitado da auga, tal e como se ten demostrado durante o verán do ano 2002 na nosa comunidade, ante a seca derivada dunha precipitación insuficiente.
A auga é un recurso escaso que precisa para a súa obtención e dispoñibilidade dun forte esforzo investidor e, sobre todo, dunha conducta e dun consumo responsables. En consecuencia, o comportamento dos cidadáns, a súa implicación e confianza, resultan imprescindibles para garanti-la adecuada preservación deste ben natural.
Tendo isto en conta e partindo do relativamente baixo nivel de concienciación existente nas sociedades actuais, faise preciso un cambio progresivo nos hábitos dos usuarios. A educación ambiental preséntase como unha das mellores opcións para impulsalo.
![]() |
![]() |
Coñecedora desta situación, a Consellería de Medio Ambiente, a través do organismo autónomo Augas de Galicia, programou unha campaña de comunicación con dous claros obxectivos: acadar unha maior concienciación sobre a importancia da auga como recurso público escaso e sensibilizar sobre a responsabilidade que todos temos na súa adecuada xestión.
Como complemento destes obxectivos, quérese tamén informar do custo real da auga, derivado, entre outros aspectos, do volume de investimentos necesarios para dispoñer deste recurso con garantías de salubridade e calidade.
A Consellería pretende, polo tanto, promover unha nova cultura no uso da auga que achegará beneficios tanto medioambientais como económicos para todos.
A envergadura desta tarefa determinou o deseño dunha campaña iniciada o último trimestre do ano 2002 e que conta con tres grandes destinatarios: cidadáns en xeral, escolares e profesionais da hostalería e a construción.
As accións deseñadas para a posta en marcha desta campaña son:
- Emisión dun anuncio de 25'' nas principais canles. Outubro-Decembro de 2002.
- Publicidade en prensa e revistas especializadas Outubro-Decembro de 2002.
- Concurso escolar de redacción: distribución das bases entre os escolares.. En execución durante o exercicio 2003. Finalizado o prazo de inscrición.
![]()