A Directiva Marco da Auga basea a súa elaboración no artigo 174 do Tratado da Unión, que establece os obxectivos da política ambiental da Comunidade Europea. É considerada a mais ambiciosa e complexa de todas as normas europeas relacionadas co medio ambiente.
Supón un cambio radical na lexislación ata agora vixente tanto polo seu enfoque, ó considerar conxuntamente as augas continentais superficiais e subterráneas, as de transición e as costeiras, coma polos seus obxectivos, que pretenden acadar a consecución dun bo estado da auga protexendo os ecosistemas que dependen dela, e o medio para conseguilo, mediante unha estreita colaboración entre a Comunidade, os Estados membros e as autoridades locais, facilitando o intercambio de información, as consultas e a participación pública, incluídos os usuarios.